En GalPorCel ofrecemos diferentes opcións para adaptarnos ás necesidades de cada cliente, sempre mantendo os valores que definen o noso proxecto: respecto pola raza, benestar animal e compromiso coa calidade.
Xa sexa para reprodución, cebo ou consumo, traballamos directamente cos interesados para ofrecer unha atención próxima e resolver calquera dúbida durante o proceso.
Poñemos á disposición dos interesados machos, femias, animais para cebo, exemplares destinados á reprodución e femias con crías ou xestantes.
Os animais poden adquirirse en diferentes idades segundo a dispoñibilidade existente en cada momento.
Tamén ofrecemos a venda de Porco Celta a canal completa.
Os animais son sacrificados en matadoiros autorizados e comercialízanse exclusivamente por animal completo. O prezo establécese en función dos quilogramos da canal.
Para maior comodidade dos clientes, dispoñemos de servizo propio de transporte tanto para animais vivos como para as canles.
Contamos con remolque autorizado e ATES, cumprindo coa normativa vixente para o transporte de animais.
Se estás interesado en adquirir algún dos nosos produtos, só tes que contactar connosco.
Informarémoste da dispoñibilidade existente, resolveremos as túas dúbidas e acordaremos todos os detalles relacionados coa reserva, transporte ou entrega.