Benvidos a GalPorCel

Somos unha explotación familiar situada en Coristanco, A Coruña, dedicada á cría de Porco Celta en sistema semi-extensivo. Desde 2023, apostamos por preservar esta raza galega, combinando tradición, benestar animal e calidade.

Na nosa granxa, contamos con arredor de 200 animais e máis de 6 hectáreas onde os porcos gozan de acceso diario ao exterior, alimentados con cereais e criados en liberdade. Ofrecemos tanto animais vivos como carne a canal, sempre coas máximas garantías sanitarias.

GalPorCel non é só unha granxa: é un compromiso co futuro do Porco Celta e coa autenticidade dun produto que leva a esencia de Galicia.