En GalPorCel sempre tivemos claro que o benestar animal non é un complemento do noso traballo, senón a base sobre a que se constrúe toda a explotación.
Dende o primeiro día apostamos por un sistema de cría que permitise aos animais vivir dun xeito acorde á súa natureza. Por iso os nosos porcos dispoñen de acceso diario ao exterior, podendo moverse libremente polas fincas, explorar o entorno, buscar sombra baixo as árbores e desenvolver os comportamentos propios da especie.
Durante o día gozan de amplos espazos ao aire libre e, cando chega a noite, dispoñen de instalacións seguras e adaptadas ao seu descanso e protección. Todo o sistema está pensado para combinar liberdade, seguridade e comodidade.
A alimentación é outro dos aspectos fundamentais do noso modelo de cría. Os animais reciben unha fórmula propia baseada en cereais, complementada cos recursos naturais que atopan nas fincas. Consideramos que unha boa alimentación é indispensable para manter a súa saúde e favorecer un desenvolvemento equilibrado.
Pero o benestar animal vai moito máis alá das instalacións ou da alimentación. Require presenza, observación e dedicación diaria. Por iso pasamos gran parte do día na explotación, supervisando os animais, comprobando que todo funciona correctamente e asegurándonos de que dispoñan sempre de auga, alimento e as condicións necesarias para o seu benestar.
As fincas están protexidas mediante malla gandeira e pastor eléctrico, mentres que a explotación conta con sistemas de videovixilancia e mastíns de protección. Estas medidas permítennos garantir a seguridade dos animais sen limitar a súa liberdade de movemento.
Cremos firmemente que os animais ben coidados son a mellor garantía dunha produción de calidade. Por iso seguimos traballando cada día coa mesma filosofía: respectar a natureza do Porco Celta e ofrecerlle as mellores condicións posibles para o seu desenvolvemento.
Cría en semiextensivo
Alimentación natural
Supervisión constante
Seguridade e protección
"É fundamental que nunca lles falte de comer e tamén que teñan auga e lugares para refrescarse. O seu benestar é fundamental para que a carne saia ben."
— Antonio Moreira · Campo Galego